miércoles, mayo 16, 2012

UN PLANETA DE PALABRAS


Cando ti volvas...

Na matricial Galiza, sempre túa,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas de derramadas,
cando ti chegues polo mare,
cando ti chegues polo mare...


Valentín Paz Andrade (1898-1987). Pranto matricial (1955).

1 comentario:

Cataboisbiblio dijo...

Escoitádeo en sondepoetas. Gozade da música e da lectura.

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2012/04/cando-ti-volvas-valentin-paz-andrade.html