martes, mayo 01, 2012

BONI OFOGO EN CATABOIS

Durante a celebración da semana do Libro, ademais de aprender a ilustrar poemas, tivemos a oportunidade de escoitar a riqueza da tradición oral africana de man de, ou mellor dito, na voz do contacontos Boni Ofogo.
A rapazada puido sentir o ruído do vento na propia sala de audiovisuais, viaxou por Etiopía, Camerún..., polo berce da humanidade.
Boni aprendeunos coas súas historias que non debemos fixarnos nas apariencias; que non debemos precipitarnos, pois as augas avólvense e non somos quen de atopar o noso propio ollo; que coa humildade se consegue o fogo da vida...
Pero non só escoitamos, senón que participamos respondendo ás súas preguntas. Deunos o papel de coro das súas historias e ata, os máis ousados, bailamos con el.
O alumnado de 1º e 2º da ESO tivestes a sorte de escoitalo. Tirade proveito das ensinanzas dos seus contos. De seguro que vos serán de utilidade no futuro.
Graciñas, Boni pola túa xenerosidade.


Gozade coa lectura.

No hay comentarios: