viernes, marzo 23, 2012

CONCURSO DA BIBLIOTECA

  Unha semana máis, volvemos ao concurso co seguinte texto:

  Parece que entre os profesores tamén hai , ás veces, xente importante. Ou, polo menos, que hai xente importante que nalgún momento da súa vida traballou como profesor. Este é o caso de hoxe: un home coñecido pola súa loita pola igualdade e a liberdade en Sudáfrica (lembrades a Nelson Mandela?)

Unha pista moi importante:foi premiado co Nobel da Paz no ano 1984

1- Quen é o noso personaxe?
2-Por que abandonou o seu traballo de profesor?(Porque denunciaba algo..............)

  Esta persona admirable foi, ademais, o primeiro home de reaza negra en ser nomeado Arcebispo en Sudáfrica (Arcebispo de África Meridional).

3-En que ano foi nomeado?

4- En realidade, D. Tutú quería estudar unha carreira diferente á eclesiástica, pero non poido por motivos económicos. Cal era esa carreira?

  Non viviu toda a súa vida en Sudáfrica. Entre os anos 1962 e 1966 realizou un máster en Teoloxía fóra do seu país....................

5-En que cidade realizou este máster?

  O Presidente Mandela, amigo persoal, traballou incansablemente pola reconciliación nacional tras tantos anos de opresión da minoría branca contra a maioría negra. Para elo, creou unha comisión especial.....................

6-Saberiades dicir como se chamaba esa Comisión?

                   Os gañadores da semana foron de novo, os compoñentes do grupo San Fernando: Iván Maday, Fernando, Santi e Miguel. Noraboa de novo!


  E como xa temos gañadores e o resto dos grupos entregaron as súas respostas, podemos publicalas aquí.

1-O personaxe é Desmond Tutú.
2-Abandonou o seu traballo de profesor pola precariedade do ensino para os xóvenes sudafricanos negros.
3-No ano 1986 foi nomeado Arcebispo de África Meridional.
4-Quería estudar para médico.
5-Realizou un máster en Londres.
6-A comisión especial sobre a que preguntamos foi a Comisión para a Verdade e a Reconciliación.

           DESEXAMOS UNHA BOA SEMANA A TODOS!

1 comentario:

Vania dijo...

hola que tal! estuve visitando tu blog y me pareció interesante, Me encantaría enlazar tu blog en los míos y de esta forma ambos nos ayudamos a difundir nuestras páginas. Si puedes escríbeme a ariadna143@gmail.com

saludos