lunes, marzo 12, 2012

CONCURSO DA BIBLIOTECA

  O oito de Marzo é o DÍA DA MULLER e queremos poñer o noso graíño de area con esta pequena homenaxe. Polo tanto, é evidente que a protagonista do Concurso desta semana é unha muller.

  Había unha muller, filla de Teón, que logrou tales coñecementos en literatura e ciencia, que sobrepasou en moito a moitos filósofos do seu tempo. Foi filósofa, matemática e astrónoma.
    Viviu entre os séculos IV e V a. C. nunha cidade fundada por Alexandre Magno, que tivo un famoso far, hoxe desaparecido, que foi unha das sete marabillas do mundo antigo.
COMO SE CHAMABA ESTA MULLER?
EN QUE CIDADE VIVIU?
EN QUE PAÍS ESTÁ ESA CIDADE?

  Foi educadora dunha élite de aristócratas cristiáns e pagáns, entre os que se atopaba o futuro Prefecto Romano (representante do poder de Roma nese territorio).
COMO SE CHAMABA O PERSONAXE?

  Mantívose fiel ao paganismo ante o avance do cristianismo e foi asasinada, descuartizada e incinerada por un grupo de cristiáns, supostamente alentados por un bispo que a acusa de bruxería.
QUEN FOI ESTE BISPO-PATRIARCA?

  Un director de cine español levou á gran pantalla a historia desta muller, no ano 2009.
COMO SE CHAMA A PELÍCULA?
QUEN É O DIRECTOR?
QUE ACTRIZ INTERPRETOU O PAPEL DESTA MULLER?

  A película foi rodada nunha turística e pequena illa do Mediterráneo.
QUE ILLA É?


           Pois ben, os gañadores desta semana son os compoñentes do grupo SAN FERNANDO,Santi, Miguel, Fernando e Iván Maday. Noraboa!


           E agora, as respostas correctas:
1-A protagonista desta semana é Hipatia de Alexandría.
2-A cidade na que viviu é Alexandría ( Exipto).
3-O paía é Exipto.
4-O seu discípulo e Prefecto Romano foi Orestes.
5-O bispo foi Cirilo.
6-A película é Ágora.
7-O director é Alejandro Amenábar.
8-A actriz é Rachel Weisz.
9-A illa é Malta.

  ATA A PRÓXIMA SEMANA. QUE TODO VAIA BEN!

No hay comentarios: