viernes, marzo 09, 2012
CONCURSO BIBLIOTECA
Unha semana máis, benvidos/as ao Concurso da Biblioteca de Catabois.
Seguro que todos vós sabedes o que é a música reggae e o que son os Rastafaris. Máis ou menos, diría eu, porque seguro que non sabedes de onde vén o nome "Rastafari" nin o que significa.
E pode ser, incluso, que saibades que a música reggae naceu en Xamaica, e que Xamaica está no Caribe, (sabedes onde está o Caribe?) e, polo tanto, pouco ten que ver con África.
Pero sí ten que ver, e aí está o truco do xogo de hoxe. Porque hoxe ides investigar, e aprender algo de historia. E de África. Aí van as preguntas, a ver que descubrides buscando as respostas...
1- Haile Selassie I foi emperador dun país africano entre 1931 e 1974. Cal é este país?
2- Como se chamaba en realidade Haile Selassie? Que cargo ocupaba antes de ser coroado emperador? Pista: entre o nome e o cargo, aparece a solución ao misterio rastafari...
3- Os rastafaris veneran a Haile Selassie como "O Mesías Negro" e din que pertence á dinastía salomónica formada polos descendentes da unión dun famoso rei e dunha famosa raíña antigos, que son...................
4- Quen foi o músico que, dende Xamaica, difundiu a famosa música reggai por todo o mundo? (Esta é fácil, non vos queixedes).
5-Que país européo invadiu Etiopía no 1935? E....quen mandaba nese país como dictador? ( Fopi aliado de Hitler na II Guerra Mundial..... é fácil!)
ESTA SEMANA TEMOS UN NOVO GRUPO GAÑADOR, ODA, INTEGRADO POR : ERIK, CARLOS E DANIEL. NORABOA!
E como xa temos grupo gañador e puntuaron todos os demais, podemos dar as respostas:
1-O país é Etiopía.
2-O nome de Haile Selassie é Tafari Mankonnen e, como era príncipe (Ras) , de aí vén o nome Rastafari
3-A dinastía era a fundada polo Rei Salomón e a Raíña de Saba.
4-O músico é Bob Marley.
5-O país que invadiu Etiopía foi Italia e o seu dictador foi Benito Mussolini.
ATA A PRÓXIMA SEMANA!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario