miércoles, diciembre 01, 2010

TODOS OS DÍAS SON 25 NOVEMBRO

Xa temos colgado no corredor central do instituto as vosas creacións-reaccións contra a violencia de xénero.


Lede agora este fragmento:
Só cando coñeceu a Nico, Marga esqueceu o medo. As palabras doces de Nico enchíanlle o silencio, os seus pasos ocupaban a soidade que deixara na casa un leve cheiro a rancio. Pero xa dixen que o medo é paciente, pode recuar, mais nunca desaparece.
Certa noite, Marga non deixou acesa ningunha luz para poder chorar ás escuras. Se o medo tivese mans, restregaríaas. Foi cando as voces de Nico enxordecían a casa. Ao comezo, Marga non entendía, preguntáballe a Nico polas súas razóns para falar tan alto. No canto de responder, Nico batía nela, e o medo medraba, medraba ata case engulir a Marga. O medo medrou tanto que ocupou un por un cada cuarto. Narga refuxiábase nos recunchos e choraba, choraba sempre que Nico non a vía. A única vez que chorou dinate de Nico, sen poder evitalo, a el deulle tanta rabia quelle partiu a boca dunha labazada. (...)
Se queredes saber como remata o relato pedídenos na biblioteca Camiñan descalzas polas rochas. Nel atoparedes escrita e deseño de autoras galegas polos dereitos humanos das mulleres.

Lemos na contraportada: "Con este libro, Amnistía Internacional quere reslatar a universalidade dos abusos das mulleres pero á vez, destacar o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos. En todo o mundo, as mulleres se organizaron para poñer ao descuberto e combater a violencia de xéneno. Estes grupos de mulleres lograron modificacións en leis, políticas e costumes".

E se vos interesa o tema da solidariedade coas mulleres que sofren, animádevos tamén con:
Amanecer en el desierto,
Illa soidade,

Moitísimas grazas polos vosos debuxos e, como non, graciñas a Amable, a profe de plástica polo seu traballo co alumnado.

Gozade coa lectura!

No hay comentarios: