martes, abril 20, 2010

CONCURSO DA BIBLIOTECA

A semana pasada, por causas alleas a nosa vontade, non tivemos tempo de subir as respostas da semana anterior e as preguntas da nova. Aquí están:

RESPOSTAS DA SEMANA ANTERIOR:

1. A película chámase "El planeta de los Simios".
2. A historia desenvólvese no ano 3978.
3. O protagonista chámase Coronel George Taylor, interpretado por Charlton Heston.
4. A especie dominante é os simios. Falan inglés. Os humanos non falan e sofren retraso nas súas facultades sociais.
5. A humana chámase Nova, interpretada por Linda Harrison.
6. Os científicos chámanse Zira e Cornelius. O seu xefe é Dr. Zairus.
7.O protagonista atopa os restos dunha cidade que lle parece Nova York e a estatua da Liberdade.
8. Os humanos deixan de ser unha especie intelixente por culpa da guerra nuclear.
9. A película conseguiu un óscar no apartado de maquillaxe.

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL:
Puntuaron os seguintes grupos:
1. LAS DANCE: ................................................... 5 puntos.
2. VLAJ:..................................................................4 puntos.
3. LOS LOL:...........................................................3 puntos.

Así que a clasificación queda como sigue:
1. En cabeza VLAJ.....................................................................................................37 puntos.
2. Empatados na segunda posición: LAS DANCE e BLASFEMUDOS.............28 puntos.
4. En cuarta posición, LOS LOL...............................................................................24 puntos.
5. FLY...........................................................................................................................17 puntos.
6. VIDA CRISER..........................................................................................................5 puntos.
7. DOBLE JC................................................................................................................3 puntos.
8. AIRI.............................................................................................................................1 punto.
9. LOS NEGROS..........................................................................................................0 puntos.

PREGUNTAS DESTA SEMANA:

Si cremos que o sucede nesta película pode ser realidade póñensenos os pelos de punta.
Roland Emmerich dirixe esta película na que unha serie de catástrofes naturais prácticamente acaban coa Terra.
-O título da peli é curo e numérico. Cal é?

- O científico nortemaricano...............................viaxa á........................... e o seu amigo..........................cóntalle que descubriu que o sol sofre as maiores tormentas solares da historia da humanidade e que se elevará á temperatura do núcleo da Terra, provocando grandes catástrofes naturais.

- O científico investiga o que sucede nun famoso parque nacional norteamericano onde están ocurrindo cousas estranas. De que parque se trata?

- Un escritor visita este famoso parque cos seus fillos e, cando entran nunha zona restrinxida son detidos. Por que?

- O Presidente dos EEUU é informado do que se aveciña e, á súa vez, informa a outros mandatarios mundiais nunha importante reunión. Como se chama a reunión?

- Sábese que hai unha organización secreta que está empezando a construir unhas naves/barco para salvar a un número selecto de seres humanos. Cales son as siglas desta organización? E o seu nome completo?

- Onde están construindo as naves? Canto se pagará por un asento nelas?

- Tamén se intenta salvar obras de arte. Por exemplo, un importante cadro de Leonardo da Vinci.......................................... é trasladado desde o museo.............................. en París e sustituído por unha copia.

- Nunha cidade centramericana, relacionada cunha cultura precolombina, prodúcense suicidios masivos de persoas. De que cidade se trata? En que país está? Cal é a cultura precolombina e que relación ten con esta película?

- A Terra queda destruida, agás un continente que se eleva polo efecto dos sismos. Cal é este continente?

No hay comentarios: