jueves, enero 28, 2010

SEGUNDA SESIÓN DO NOSO CONCURSO

De novo estamos aquí para presentarvos a segunda sesión do noso concurso sobre Ciencia-Ficción.

En primeiro lugar, darémovos as respostas da semana anterior:
1. A heroína protagonista desta película chámase Ripley.
2. A actriz que interpreta este papel principal é Sigourney Weaver.
3. O nome da computadora central da nave é Madre.
4. A estrana criatura que sae do embrión chámase Faccehugges.
5. O nome e apelido do director desta película é Ridley Scott.
6. O título da película é Alien, o octavo pasaxeiro.

PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS:
1. Na cabeza FLY é dicir Patricia, Sara, Gimena e Antía  (2ºA e B)...................... 5 puntos.
2. No segundo lugar, BLASFEMUDOS, Elia, Lucía, Edu, Rubén (2ºA)............... 4 puntos.
3. A continuación, LOS LOL, Pablo, Diego, Fernando e Adrián (1ºA)................... 3 puntos.
4. De seguido, DOBLE JC, Jessica, Cristina, Jenny e Carolina (4ºA e B).................2 puntos.
5. O último grupo en puntuar foi LAS DANCE, Naya, Sara, Alicia y Desi (1ºA)......1 punto.

Norabóa a todos e ánimo tamén aos que non levan puntos polo de agora.

Pasamos a copiar as preguntas deste xoves:

"Yo... he visto cosas que vosotros no creeríais... atacar naves en llamas más allá de Orión. He visto rayos C brillar en la oscuridad cerca de la puerta de Tannhäuser. Todos esos momentos se perderán en el tiempo como lágrimas en la lluvia... Es hora de morir."

A anterior é unha das máis famosas secuencias do cine de ciencia-ficción da historia, e pertence a unha película básica do xenero, estreada a principios dos anos 80.

A principios do seculo XXI a Tyrell Corporation desenvolveu un novo tipo de robot chamado Nexus -un ser virtualmente idéntico ao home- e coñecido como Replicante. Os Replicantes Nexus & eran superiores en forza e axilidade, e polo menos iguais en intelixencia, aos inxeñeros de xenética que os crearon. No espazo exterior, os replicantes foron usados como traballadores escravos, na arriscada exploración e colonización doutros planetas. Despois da sanguenta rebelión dun equipo de combate Nexus 6 nunha colonia sideral, os replicantes foron declarados proscritos na terra baixo pena de morte. Brigadas de policía especiais co nome de unidades de (aah... ese é o título da película...) tiñan ordes de tirar a matar ao ver a calqueira replicante invasor.

A esto non se lle chamou execución, chamóuselle retiro.

Os Ánxeles, Novembro 2019

Nun futuro cercano e escuro, Deckard, un ex-policía, ex- "......................", é chamado para unha misión na que debe perseguir e retirar a varios replicantes, un grupo de androides tremendamente perfeccionados que se amotinaran nas colonias e regresaran a Terra.

PREGUNTAS:

1. No derradeiro párrafo, hai un espazo en branco: a resposta é o título da película, e é o que tes que contestar agora.

2. En qué relato de Phillip K. Dick baseóuse a película?

3. Cal é o nome do actor que recita a frase do principio do folio?

4. Dí os nomes do actor principal e o Director.

5. Sobrevive algún dos "replicantes"?

1 comentario:

sara y elia dijo...

Hola somos Elia, Sara , Alicia, Dessi, Nerea, Ines ,Ruben y Edu
nos gusta el concurso.


Un saludos