jueves, enero 14, 2010

COMIENZA NUESTRO SUPER CONCURSO SEMANAL. DESPEGAMOS YA


A nosa mascota, este curso, lévanos polos camiños da ciencia-ficción, despegando cunha película que se estrenou o 21-10-2003, distribuuída por 20th Century Fox e producida por United Artist.
Foi a primeira dunha saga de catro películas de ciencia-ficción.
Tamén foi a primeira película importante de Hollywood cunha heroina como protagonista.
Os personaxes viaxan desde o planeta Thedus ata a Terra nun cargueiro espacial chamado Nostromo, que leva unha computadora central.
Reciben un sinal e cambian de rumbo, chegando a unha lúa na que atopan un xigantesco aparello que contén uns misteriosos ovos, que levan no seu interior uns embrións.
Un dos personaxes dun videoxogo de Nintendo, chamado Ridley, recibe este nome en honor ao director desta película.
Como última pista. o número 8, na súa forma ordinal, forma parte do título da película.

PREGUNTAS

1. Como se chama a heroína protagonista desta película?
2. Que actriz interpreta este papel principal?
3. Cal é o nome da computadora central da nave?
4. Dun embrión sae unha estrana criatura que se chama..................
5. Cal é o nome e apelido do director desta película?
6. Cal é o título da película?


Podédes participar tamén dende o blog polo que non daremos as respostas ata o mércores que vén.

SORTE E BOA VIAXE INTERESPACIAL!

1 comentario:

naya dijo...

Hola, que tal?
Mira los ninños de mi clase! jajaja