SANTIAGO LOPO TAMÉN NA NOSA BIBLIOTECA


Hoxe visítanos  o autor do libro Game Over, o pontevedrés Santiago Lopo (Biblos clube de lectores).

Na actualidade, Santiago é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Traduciu do inglés guións cinematográficos para televisión, mais tamén traduciu para o galego obras francesas. En 2006 gañou o VI Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia coa noveliña que hoxe vos presentamos.

Segundo os nosos lectores, estalles a gustar moito a historia de Luís/Breogán nesa Pararell City inquedante.

Se queredes pedirnos o libro na biblioteca, anotádevos canto antes, porque temos listaxe de espera.

Gozade coa charla e, como non, gozade coa lectura.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
ola son Desi de 1ºA, bueno pasome porque mo pediu a profesora Pilar(a da biblioteca)


aaaaaaaaaaaaaaah, moitas felicidades Pilar

Entradas populares