ARTES ESCÉNICAS NO SAMAÍN
O alumnado de 4º da ESO de EA constrúe diferentes
escenarios baixo a temática deste curso escolar.
A decoración de Samaín dende o departamentpo de Artes
Plásticas en colaboración coa biblioteca, foron feitos coa interpretación de
obras e escenografías de artistas que crearon no mundo do cine e do teatro.
A porta da nosa biblioteca é o arrepiante corredor do
“Gabinete do Doctor Caliigari” (baseado nos decoradores: Hermann Warm, Walter
Reimann e Walter Röhring, 1920).
Dentro das actividades da biblioteca en colaboración
co departamento de Artes Plásticas e Normalización Lingüística, foi deseñado un
cartel e un díptico para o concurso de epitafios do Samaín, tamén realizado por
4º da ESO de E.A.

Comentarios