Dentro do programa da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil do Padroado da Cultura de Narón o noso alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de asistir onte, 16 de outubro, á peza teatral "Crisálida", presentada pola compañía Caramuxo Teatro. Esta experiencia de teatro de máscaras non só lles permitiu gozar do espectáculo, senón que tamén reflexionaron sobre o cambio xeracional e a adaptación ás novas tecnoloxías.
Foi un día cheo de emocións, aprendizaxe e sobretodo, cultura!
Comentarios