CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 8
O personaxe desta semana destacou na defensa do medio ambiente e considérase o fundador do movemento ambientalista. Trátase de BARRY COMMONER.
-QUE NACIONALIDADE TIÑA?
-EN QUE ANO NACEU E EN QUE ANO MORREU?
-Fundou un partido político e presentouse como candidato á presidencia do seu país. COMO SE CHAMOU ESTE PARTIDO?
-COMPLETADE A SEGUINTE INFORMACIÓN SOBRE A SÚA OBRA:
No ano 1971 escribiu un libro titulado_________________________
no que suxire unha resposta de esquerdas e ecosocialista ás teses dos límites do crecemento. Neste libro menciona catro leis da ecoloxía nas que di:
1-Hai unha soa ____________para todos os organismos vivos.
2-Non hai ____________na natureza e non hai un "afuera" onde se poidan tirar as cousas.
3-A humanidade creou a ______________ para mellorar a natureza , pero eses cambios van en detrimento dela.
4-A explotación da natureza, inevitablemente implicará a conversión dos recursos, de formas útiles en ___________
RESPOSTAS CORRECTAS:
1-Nacionalidade estadounidense.
2-Naceu no ano 1917 e morreu no 2012.
3-Partido dos Cidadáns.
4-"El Círculo que se cierra" é o título do libro.
5-Hai unha soa ecosfera para todos os organismos vivos.
6-Non hai residuos na natureza.
7-A humanidade creou a tecnoloxía.....
8-A explotación da natureza implicará a conversión dos recursos, de formas útiles en inútiles.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA É:
GUCCI
PARABÉNS!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario