CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 10
O libro "UNHA VERDADE INCÓMODA" sobre o quecemento global, converteuse nun documental e película de éxito.
-Quen é o seu autor?
-Que nacionalidade ten?
-Ocupou un cargo político no seu país. Cal foi ese cargo? Con que presidente?
-Presentouse como candidato ás eleccións a Presidente pero perdeu fronte a outro candidato. Quen foi este candidato?
-Fundou varias organizacións. Indica o nome dunha delas relacionada co clima.
-Que importante premio recibiu polo seu activismo sobre o cambio climático?
-Explica o significado do termo NEGACIONISTA na seguinte frase do noso personaxe:
."A conversación sobre o quecemento global estancouse porque un grupo cada vez máis reducido de negacionistas enfurécese cando se menciona"
RESPOSTAS
1-Al-Gore
2-Estadounidense
3-Vicepresidente. Bill Clinton
4-George Bush
5-Alianza para a protección do clima
6-Nobel da Paz
7-Persoas que negan a evidencia do cambio climático e as súas consecuencias.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI GUCCI 2 QUE TAMÉN É O GAÑADOR DO CONCURSO.
Comentarios