Comezamos a andaina do noso club de lectura de segundo ciclo coa lectura de El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial, de Sherman Alexie.
Esta interesantísima novela está narrada en primeira persoa por Arnold Spirit Junior, un rapaz indio hidrocéfalo, torpe, miope e algo tímido que decide loitar contra un destino aciago e abandona a súa reserva para estudar nun prestixioso instituto de rapaces brancos. Nese preciso instante empeza unha intensa aventura vital porque ten loitar para facerse un oco nun mundo de brancos e, ao mesmo tempo, debe demostrar que o afastamento da reserva non implica que deixe de sentirse realmente un indio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario