O pasado luns 26 de outubro a sorte sorriu aos alumnos deste IES e sucedeu algo que non se dá moitas veces: acudimos ao teatro para asistir á representación adaptada dunha obra narrativa que limos a semana pasada e, de volta ao instituto, o autor agardaba por nós na sala de audiovisuais para comentar tanto a novela como a versión teatralizada que acababamos de ver.
Antonio resultou ser uha persoa encantadora que nos falou con sinceridade, un profesor que sorriu cómplice ás nosas preguntas e un autor comprometido que explicou sen rodesos as circunstancias que envolven a xente como Suleimán, que se viu obrigado moi novo a fuxir do seu país cara un destino descoñecido.
Por suposto, os membros dos Clubs de Lectura, tan activos e dinámicos coma sempre, non perderon ocasión de resolver co autor as dúbidas e algunha que outra curiosidade que Antonio aclarou amablemente.
Aos alumnos e profes deste centro non só nos agrada moitísimo a visita dos autores que lemos, senón que vivimos o momento de coñecemento mutuo autor - lector con especial emoción.
Damos as grazas a Antonio Lozano por ternos acompañado nesa mañá.
Un bico. Ata sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario