miércoles, noviembre 11, 2015

Club de Lectura "José Beceiro"

O pasado martes 6 de outubro celebramos na biblioteca do noso centro a primeira reunión do Club de Lectura José Beceiro e, como o comezo de curso foi moi intenso, velaquí que nos dá o mes de novembro cando publicamos a entrada ...

A obra que tratamos e constitutíu unha das nosas lecturas de verán, foi O lar de Clara de Ricardo Carvalho Calero. O acordo foi unánime á hora de recoñecer a valía do escritor ferrolán, autor dunha extensa obra quizais pouco coñecida. Sorprendeunos a todas a calidade e riqueza da súa creación poética e comentamos especialmente ese estilo narrativo próximo, coma de confidencia, que nos engancha ao relato. Ademais da mencionada obra pseudobiográfica, tamén limos dous dos seus relatos: Os tumbos e A cegoña, de carácter moi distinto pois é case cómico o primeiro e fatalmente tráxico o segundo.

Aproveitamos a ocasión para escoitar ao profesor falando en diversas entrevistas que concedeu á televisión de Galicia e vimos dúas montaxes musicadas feitas a partires de sendos poemas do autor que demostran a fonda pegada que a súa obra deixou na memoria de moitos lectores e artistas.

No hay comentarios: