é que onte era o día en que podían gozar con nós desta festa os futuros alumnos e alumnas dos nosos centros adscritos.
Coñeceron as instalacións do instituto, os seus futuros compañeiros, a Biblioteca e os tres Clubs de Lectura (seica o de Manga e Anime xa fixo uns cantos socios ...), mercaron ou trocaron libros na IV Feira Solidaria e cociñaron un fermoso poema da sabia man da nosa convidada estrela, a poeta Yolanda Castaño, quen nos aprendeu que falamos con poesía, e que cociñar e escribir son actos de entrega que se fan coas propias mans.
Pola súa banda, os nosos alumnos tamén traballaron arreo na xornada de onte. Recibiron os seus vindeiros compañeiros, fixéronse cargo dos postos na IV Feira Solidaria do Libro, mercaron libros e, por suposto, recibiron os premios e diplomas polos seus proxectos e traballos para os Concursos do Día do Libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario