CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA SÉPTIMA
Rematado o Entroido e despois de tantos excesos como fixemos (laconadas,orellas, freixós,doces varios, carne de porco,....), chega o momento de coidar un pouco a dieta.
Entre os católicos, e tamén noutras confesións, é costume (cada vez menos, eso si) renunciar ao consumo de carne os venres, ata rematada a Semana Santa.
Imos ver que preguntamos en relación con este tema:
1-Como se chaman os venres comprendidos entre o remate de Entroido e a Semana Santa?
2-Un prato típico nestes venres sen carne é o POTAXE DE VIXILIA. Cales son os ingredientes principais do mesmo?
3-Dos ingredientes arriba citados, a cal deles corresponde o aporte proteico?
4-Aparte de garabanzos, o prato pode legar outra legume, cal é?
5-Por último, pódese servir de diferentes modos, pero....cal é a forma máis habitual de servilo?
RESPOSTAS
1-Cuaresma
2-Bacallao, garabanzos, espinacas,....
3-Bacallao salgado.
4-xudía branca ou faba.
5-Con ovo duro picado e perexil.
BO PROVEITO
O EQUIPO GAÑADOR DAS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS FOI: BELMA.
NORABOA!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario