lunes, noviembre 12, 2012

Concurso "Disfraza a mascota"

Como cada ano, pedimos aos nosos alumnos que vestisen a gata, mascota da biblioteca, segundo o tema do libro ilustrado por ser o que tratamos este curso. A idea non era fácil de levar a cabo pero, unha vez máis a imaxinación puido coas dificultades e os rapaces volveron a sorprendernos coas súas propostas, entre as que salientamos: a gata disfrazada de Carrapuchiña, a gata con botas, Nyam cat voando polo universo do libro, ... e moitas, moitas máis.
Velaí os deseños e, por suposto, o merecido gañador desta edición: Bruno Miguel Cosme de Oliveira, de 2º E.S.O. B, recollendo o premio de mans da súa titora.

Noraboa a Bruno e grazas a todos os participantes polas boas ideas e os bonitos debuxos.

No hay comentarios: