lunes, noviembre 26, 2012
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
Remata un día máis. Pero este 25 de novembro é unha data especial: o Día internacional contra a violencia de xénero.
O club de lectura xuvenil do IES de Catabois, máis ca nunca, está a reflexionar sobre este problema e moitos outros derivados dunha sociedade onde aínda nenas, rapazas e mulleres sofren maltrato e discriminación.
Non pedimos só un día, senón 365 días contra a violencia de xénero. E para facer máis presión, aí temos a Tatiana, coas súas gafas violetas na man, que se vén de unir ao club. Benvida!
E que mellor que unha cación para comenzar este día. Gozade coa música de Bebe e coa lectura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ola, de novo somos Irene e Paula,queriamos comentar sobre o libro do Diario Violeta de Carlota,ainda que non asistimos moito ao club,gustanos moito e o lemos con frecuencia gustanos moito de que trata porque nos parece un tema moi tratado e moi dado neste mundo, agora nos enteramos de que tamen existe un pero azul,leemos de que trata e queremos lelo,de verdade moitas grazas a autora, un saúdo. :D
Publicar un comentario