miércoles, noviembre 07, 2012
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
Que vos parecen as nosas gafas violetas?
Con elas, de igual xeito que Carlota, miraremos o que nos rodea desde outro punto de vista, o da denuncia ante a desigualdade entre homes e mulleres aínda existente hoxe en día. De feito, Cristel comentounos na reunión de onte como ela mesma, sen darse de conta, tivo un comportamento machista. E todas quedastes abraiadas cando falamos da carta da nena somalí que lle enviara a avoa Ana a Carlota. Algunha de vós non sabía que era iso da "ablación do clítore". Pois ben, aquí tedes máis información dunha cruel práctica da que son vítimas ao ano tres millóns de nenas. Segundo a OMS uns 140 millóns de mulleres e nenas sófrena na actualidade.
Malia que non levedes sempre postas as gafas que nos confeccionou Yaneth, levade todos os días a cor violeta nas vosas retinas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario