miércoles, abril 25, 2012
BANCOS RECICLADOS EN BIBLIOTECAS
E cos tempos que corren sería a reciclaxe perfecta, non si?
Bancos convertidos en bibliotecas. O R de reutilización de materiais utópico, pensaredes. Mais non, en Ferrol é unha realidade: o antigo edificio do Banco de España alberga a remozada Biblioteca Municipal.
O noso alumnado, o 23 de abril visitouna. Guiado por Fany e Cristina, puido ata acceder á cámara acoirazada.
Aí os tedes, fitando por se quedou algunha moeda entre os andeis.
O lugar que noutrora albergou frío metal e papel baleiro de contido hoxe en día atesoura xoias incalculables datadas algunhas xa no século XVI.
A rapazada marchou contenta con cadanseu libro de agasallo e cadanseu cartafol de incrición para quen non fose socio xa.
Se queredes buscar un libro no catálogo desta biblioteca ou saber que servizos ofrece entrade na súa páxina web.
Gozade coa lectura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario