martes, enero 31, 2012

SEGUNDA SEMANA DO CONCURSO

   Nunha época de crise como a que vivimos, bótase en falta a presencia de máis personaxes como o noso protagonista de hoxe: un home que cambia a historia dun país e traballa por mellorar a humanidade enteira.

"Sempre atesorei o ideal dunha sociedade libre e democrática, na que as persoas poidan vivir xuntas en harmonía  e con igualdade de oportunidades.
  É un ideal para o que vivín. É un ideal polo que espero vivir e, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer".

  Este é o fin do seu alegato á espera da sentenza, antes de ser encarcerado, coa posibilidade de condea a morte.

  Falamos, como non, de NELSON MANDELA, primeiro presidente de raza negra en Sudáfrica, Premio Nobel da Paz, pero sobre todo, un home bo que conseguiu acabar cun réxime racista e unir a un país dividido para establecer un goberno democrático e igualitario. Un dos grandes personaxes do século XX e da historia da humanidade. Imos intentar aprender algo máis sobre el.

PREGUNTAS:

1-Que significa o número 466/64 ? Hai incluso camisetas con ese número como recordatorio dun sacrificio excepcional..................

2-Con que outro nome se coñece a Mandela no seu país?

3-Recibiu o Premio Nobel da Paz compartido con.......................... Saberías dicir con quen e en que ano?

4-Como se chamaba o sistema político con separación de razas co que se organizaba a vida en Sudáfrica?

5-Cantos anos estivo preso Nelson Mandela e en que ano foi liberado?

6-Por último, pasou de preso político a Presidente do Goberno. En que ano foi elixido?


  POIS BEN, DE NOVO ACADARON CINCO PUNTOS ( a puntuación máxima) "AS INVENCIBLES"
(a ver se vai ser certo o do nome). NORABOA DE NOVO A PAULA, BIBIANA, IRENE LÓPEZ E IRENE RAMOS.
 

  QUE NON SE NOS DESANIMEN OS DEMAIS GRUPOS, POIS AÍNDA QUEDAN MOITAS SEMANAS DE CONCURSO

No hay comentarios: