lunes, abril 27, 2009

A NOSA ORIENTADORA RECOMÉNDANOS MÁIS LIBROS



Ola a todos/as:
Son Carmen, a orientadora, despois de ler o libro que me recomendou Pilar (¿Quién es ella? de Jerry Spinelli), reflexiono sobre a importancia que ten rodearnos na vida de "persoas positivas". Ainda que a persoaxe principal do libro é un pouco "rara" ou "demasiado especial", algunhas das súas características ou algúns comportamentos son modelos que podemos aproveitar para convertirnos en mellores persoas.
Qué importante é na convivencia a empatía, a capacidade de poñerse no lugar do outro e sentir con él, alegrarse con él ou compartir as súas penas e podelo consolar nos malos momentos.
Outra cousa interesante é o respecto aos demáis, o aceptar a todas as persoas aínda que sexan moi diferentes a nos ou pensen distinto.
Todos estes aspectos da vida aparecen no libro e poden facernos reflexionar.
Espero os vosos comentarios.

No hay comentarios: