viernes, diciembre 12, 2008

PRESENTACIÓN DA NOVELA DE HENRIQUE DACOSTA


No día de onte, presentouse na Galería Sargadelos de Ferrol O prezo da tentación (Ferrol: Émbora, 2008), a nova novela do noso compañeiro, o profesor Henrique Dacosta. Alí estivemos varios de nós acompañándoo nun día tan especial, se ben xa está moi avezado nestas lides pois xa ten publicadas outras novelas como:

- Mar para todo o sempre (1992)
- Os desherdados (2006)
Relatos curtos:
- Sobre comboios, janelas e otras pequenas histórias (1994)
- "Diálogo de xordos" en Longa lingua. Os contos da Mesa (2002)
- "Ouro maldito" en Seis ferroláns (2003)
-"Cabo do mundo" en Premios Pedrón de Ouro (2008)
- Unha mada de doce relatos (2008)
Ensaio:
Ferroláns na Historia de Literatura Galega (2007)


O prezo da tentación presenta características propias do seu estilo no que está alcanzando unha gran madurez: unha prosa extremadamente coidada e rica que mesmo parece beber nas fontes do mestre Alejo Carpentier; un profundo estudo da psicoloxía dos personaxes (o tío avó Armando cheo de saudade polo deixado na Guinea Ecuatorial, o sobriño-neto Mauro, que medra a carón das historias do tío e descobre os seus segredos); sorpresas argumentais como o recurso a novela dentro da novela ou caixas chinesas.
Noraboa Henrique! Esperamos máis das túas historias.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

gala da costa Diehl : Ola, bóas a tod@s ; quero comunicar , que , aínda que non son alumna do insti , son unha filla de dous dos mestres que nel ensinan ; o certo é que á miña idade ( 10 anos )non é a debida para ir ó instituto .O certo , Henrrique Dacosta López é o meu pai -e non é só por iso me gustan as súas novelas - senón porque escribe moi ben para o meu gusto . Se o miras con dous dedos de fronte; a miña idade non é a que precisa un para ler as súas novelas, pero ollei en numerosas o-casións o " NORDESÍA " E ME ENCANTOU O SEU RESUME . e TI QUE PENSAS ??? ENGADE OTEU comentario para seren xa dous !!! non te cortes e... escribe . Gala d.d

Anónimo dijo...

Henrique, estabas muy guapo en la presentación de tu libro. Una admiradora secreta.

Anónimo dijo...

Ola, son Gala; xa sabedes que tamén me podedes chamar polo alcume, que tanto me gusta, "Libromaníaca". Queríavos comunicar que o meu pai presentará o seu novo libro de relatos, co que gañou o último Carvalho Calero, o luns 29 de decembro, ás 19:00h., na Biblioteca Municipal da Praza de España. Agardo que teñades ganas de ir e descubrir o novo mundo desas próximas historias.(E o mellor de todo... SEGURAMENTE REGALARÁN UN LIBRO A CADA ASISTENTE). GRAZAS.
p.d.: Meu pai, por certo, chámase Henrique Dacosta.

Laura dijo...

Laura García.
Hoxe é o primeiro día que entro no blog da biblioteca, por petición de Pilar. Non tiña nin idea de todo o que estou a ler de Henrique. Foi unha pena non ter entrado aquí antes, porque xa me dixera a miña amiga Laura que o teu pai, Gala, escribira un novo libro. Pero non tiña nin idea de que tiña tantos publicados. A partir de agora visitarei este sitio máis veces para manterme informada.
Por certo, libromaníaca, estaba bo o algodón de azucre?

Anónimo dijo...

Sinto dicilo pero,á verdade,non provei NUNCA o algodón de azucre,bon talogo.

Firmado: A Libromaníaca.