En outras entradas subiremos ao blog o debuxo de Carlos así como outros que tamén nos gustaron moito. Agora temos que pedir axuda aos compañeiros do IES de Leixa para o deseño final. Esperamos contar con noso Pasaporte Lector o trimestre que vén.
Despedímonos ata o ano que ven (o 9 de xaneiro) e animamos a todos a seguir lendo e facendo comentarios no blog. Pronto saíra o tríptico coas recomendacións de Nadal, tempo especialmente indicado para ler. Feliz Ano Novo! Non esquezades animar en casa a achegarse aos libros.
2 comentarios:
Agradézolle moito a Pilar que me descubrise a Wilkie Collins e aproveito para suxerir aos membros do club que se animen e animen aos pais e nais.O bon do tempo chuvioso é que nos permite ter escusa para disfrutar do sofá cun libro.Agora ando inmersa na enormidade,en moitos sentidos,de Thomas Mann...tan subxugada que case sinto os síntomas da tuberculose(é broma).Victoria
Wilkie Collins? apuntareino na lista dos que quero coñecer.Laura
Publicar un comentario