jueves, diciembre 11, 2008

MENSAXE DE BENVIDA DA MASCOTA FEITICEIRA

HOLA AMIGOS E AMIGAS:

SON A MASCOTA DO CONCURSO DA BIBLIOTECA. CHÁMOME FEITICEIRA E, XUNTOS, RACHAREMOS CO FEITIZO, DESCUBRINDO A MAXIA E A REALIDADE DE MOITOS PERSONAXES QUE VIVIRON HAI MOITO TEMPO, OU NON HAI TANTO; OU QUE SÓ VIVIRON E VIVEN NO MUNDO MÁXICO DA ILUSIÓN.

SEMANA A SEMANA, DURANTE CINCO MESES, ATOPARÉMONOS OS XOVES PARA DISFRUTAR DO NOSO MOMENTO MÁXICO.

SEI QUE O CURSO PASADO VIAXASTES POLO MUNDO A TRAVÉS DE FERMOSAS E IMPORTANTES CIDADES, ALGÚNS QUEREDES REPETIR A EXPERIENCIA VIAXANDO, ESTA VEZ, NA COMPAÑA DE MAGOS E ILUSIONISTAS, A TRAVÉS DO TEMPO E DA HISTORIA. OUTROS TEREDES, ESTE CURSO, A VOSA PRIMEIRA EXPERIENCIA NESTE CONCURSO E ESPERAMOS ENFEITIZARVOS PARA QUE CONTINUEDES PARTICIPANDO EN CURSOS SUCESIVOS.

DESÉXOVOS MOITA SORTE, MOITA ILUSIÓN E QUE NUNCA ESQUEZADES QUE VIVIR É MÁXICO E QUE TODAS E TODOS PODEMOS SER MAGOS.

ÁNIMO, ADIANTE E RACHEMOS CO FEITIZO!

1 comentario:

Chispa dijo...

Benvida Feiticeira!Deséxoche moito, moito traballo; que vivas nesa Biblioteca tan ben acompañada coma eu estou na miña. Espero que disfrutes cos teus alumnos e alumnas, e que xuntos contaxiedes esa maxia por onde vaiades, no que leades e compartades. Feliz viaxe polo Mundo dos Libros!
Un bico especial da túa compañeira Chispa, outra feiticeira...