O noso instituto xa leva cursos presentándose ao certame de creación artística Poesía e Imaxe. Xa van polo XXIII edición. E hai dous anos saíu premiada unha alumna do IES Catabois. Está organizado pola Coordenadora de Normalización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol. Consiste na elaboración de manifestacións artísticas visuais ou audiovisuais que reflictan diversos textos líricos de literatura universal. Nós participamos na Modalidade A (debuxo, pintura e colaxe) no nivel da ESO. Na fase de selección de traballos premiados no centro saíron escollidas dúas obras que están expostas e unha delas foi a que enviamos ao concurso de intercentros. A ver se hai sorte...
En colaboración co EDLG o alumnado participou neste certame Poesía e Imaxe, no que, a partir de poemas ofrecidos pola organización (Concello de Ferrol), deben elaborar debuxos ou composicións:
As gañadoras na selección do centro foron Muna Quintía e Libertad Fernández, de 1º ESO A, co seu collage a partir do seguinte poema:
No hay comentarios:
Publicar un comentario