FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA
O 27 de abril celebramos a Feira do libro solidaria. Contamos coa colaboración dos colexios adscritos, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e CEIP de Pazos, para desenvolver unha xornada chea de actividades. Os fondos obtidos na feira servirán para axudar á Cociña Económica de Ferrol, como xa vén sendo costume.
En primeiro lugar, tivemos unha conversa-recital con Antía Otero, que nos axudou a achegarnos á poesía.
Logo desenvolvemos un Obradoiro de cadros vivintes sobre a temática anual da biblioteca: as emocións. E vaia se se emocionou a rapazada coa actividade! Aquí tedes a mostra:
Por último, tivemos tempo para xogos e merenda e para rematar a xornada visitando a Feira.
Unha xornada estupenda!












Comentarios