martes, abril 24, 2018

VISITOUNOS NÚÑEZ SINGALA




Singala non deixa de ser un autor recorrente no noso club de lectura. Aínda temos na retina a representación teatral da adaptación do Achado do castro que fixera o club de lectura xuvenil do primeiro ciclo o ano pasado. Moitos de vós seguro que tamén lestes Comedia bífida e de seguro que todo o alumnado de Lingua Galega, nalgunha ocasión, traballou algún texto de carácter sociolingüístico deste autor. 

Este chairego namorado do mar sempre nos sorprende e aí o tedes, rebosando coñecementos náuticos falándonos da súa última obra narrativa: Noite de temporal e descubríndonos que neste recuncho do mundo tivo lugar un acontecemento que non desmerece do acaecido co Titánic no su momento. De feito, ao Santa Isabel coñéceselle como o "Titánic galego" ou o "Titánic de Sálvora". O que ocorre é que nós non lle demos a publicidade merecida.

Adentrounos nos camarotes dos 268 pasaxeiros no sentir dalgúns dos 80 mariñeiros e nas casas das valentes mulleres galegas que se botaron ao mar nas dornas para salvalos.

Para aqueles que non leron esta obra, évos unha boa recomendación cara o verán.
Gozade coa lectura e co noso mar. 








No hay comentarios: