martes, febrero 27, 2018

VISÍTANOS CARLOS NEGRO


Desde o club de lectura de poesía quixemos estender a nosa admiración por Carlos Negro a toda a comunidade compartindo a súa visita co alumnado de 3º e 4º da ESO que tamén leu nas súas aulas os versos deste profesor-poeta. 
Coa axuda do EDLG e mais do Seminario de Lingua, conseguimos que nos viñeses visitar. 
No club lemos Penúltimas tendencias, Masculino singular, e houbo quen tamén se atreveu con Tundra. A rapazada axiña se identificou coa voz poética feminina do primeiro, e soubo interpretar perfectamente o eu lírico masculino do segundo. Vimos o contraste, as diferenzas e os puntos de encontro entre as dúas obras. Unha alumna que viñera de oínte, gozou tanto coa lectura deste autor que a motivou para ler máis poesía, xa que nunca fora a súa opción. 
O encontro co autor foi todo un éxito. Achegounos un xénero literario que non é habitual entre os libros de cabeceira do noso alumnado. 
Agardamos con impaciencia a súa próxima obra para este público xuvenil tan receptivo. 

Gozade coa poesía.







5 comentarios:

Sergio Teiga Sanchez dijo...

Me pareceu interasante o que nos contou aunque parecía algo tolo pola forma de hablar que tiña me entrou medo ao principio.

Anónimo dijo...

Gutoume moito a visita de Carlos Negro porque foi moi creativa e interesante.

Anónimo dijo...

Gustoume cando veu Carlos Negro porque
me pareceu entretida a sua charla e paseino moi ben

Alicia 7u7 dijo...

Gustoume a charla porque me deu una perspectiva diferente da poesia, XDXD lol :v

Anónimo dijo...

A visita de Carlos Negro estivo moi entretida,pola súa forma de conversar con nós