Hoxe teredes que averiguar os nomes de dez personaxes que loitaron e loitan pola igualdade na diversidade.
POÑEDE O NOME DE CADA UN/UNHA AO LADO DOS DATOS QUE LLE CORRESPONDEN.
1-Foi o heroe nacional da India, xa que loitou pola independencia dese país. _________________________________
2-Empresario alemán que arriscou a súa vida para salvar a máis de 10000 xudeus, deportados ao campo de concentración de Auschwitz. ___________________________________
3-Loita polos dereitos dos indíxenas en Guatemala. Foi Premio Nobel da Paz en 1992. _____________________________
4-Loita sen violencia pola liberación do Tibet. Premio Nobel da Paz 1989. ___________________________________________
5-Escritor uruguaio defensor dos dereitos humanos. Denuncia a explotación de América Latina no seu libro: "Las venas abiertas de América Latina".___________________________________
6-Estivo preso 27 anos por oporse ás políticas racistas en Sudáfrica. Premio Nobel da Paz 1993, compartido con Frederik De Klerk.
_____________________________________________
7-É un Papa que dixo o seguinte: "Ser ateo é mellor que ser un católico hipócrita". _________________________________
8-Protestou sen violencia contra o racismo. Comezou un famoso discurso dicindo: "Eu tiven un soño..."
_________________________________________________
9-Periodista mexicano que vive nos Estados Unidos e defende os dereitos dos hispanos. "Os dereitos dos hispanos son dereitos humanos". ________________________________________
10-Redactou no 1791 a Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá, polo que foi condeada á guillotina.
__________________________________________________
RESPOSTAS:
1-Gandhi 2-Schindler 3-Rigoberta Menchú 4-Dalai Lama
5-Eduardo Galeano 6-Nelson Mandela 7-Papa Francisco
8-Martin Luther King 9-Jorge Ramos 10-Olympe de Gouges
GRUPO GAÑADOR : LUX
PARABENS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario