CONCURSO DA BIBLIOTECA SEMANA II
A pasada semana tivemos un Premio Nobel de Literatura no noso xogo: Juan Ramón Jiménez. Pois ben, posiblemente si nos cómics houbera un Premio Nobel, os autores do que hoxe nos ocupan estarían premiados sen dúbida.
Non só é divertidísimo, tamén podedes aprender un montón (historia, xeografía,......) e afeccionarvos á lectura a través das súas
historietas.
A mascota da que tratamos hoxe chámase IDEÁFIX
1-A que historieta pertence dita mascota?
2-Como se chaman o guionista e o debuxante das historietas?
3-Arredor de que ano se desenvolven as historias do cómic?
4-Hai un personaxe fundamental entre os romanos,un famoso xeneral, historiador e César. Cal é o nome deste acérrimo inimigo dos galos?
5-En que historieta fai Ideáfix a súa primeira aparición?
6-Cal é o segredo da forza sobrehumana dos galos?
RESPOSTAS
1-Astérix el galo.
2-Guionista: René Goscinny
Debuxante: Albert Uderzo
3- Ano 50 a. C.
4-Xulio César.
5-"La vuelta a la Galia".
6-Unha poción máxica de Panoramix.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI CHIPS AHOY.
NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario