SEGUNDA SEMANA DO CONCURSO
Debedes atopar o nome moderno dun texto funerario do Antigo Exipto que os exiptólogos traduciran como "Libro de la Salida del Día". Cando atopedes ese nome moderno do texto, tamén poderedes atopar esta escea que aparece a continuación.
E respostar ás preguntas seguintes:
1-Cal é o nome moderno do texto funerario?.
2-Cal é o título da escea?
3-En que ano está datada?
4-Que se está pesando na balanza?
5-Que deus está pesando?De que animal ten a cabeza?
6-Como se chama o deus que anota o resultado?De que animal ten a cabeza?
7-Cal é a condición para pasar á outra vida?
8-Que sucederá se non é así?
AS RESPOSTAS SON AS SEGUINTES:
1- El Libro de los Muertos.
2- Papiro de Hunefer. El juicio de Osiris.
3-1275 a. C.
4-O corazón do escriba Hunefer.
5-Anubis con cabeza de chacal.
6-Tot, con cabeza de ibis.
7-Se o seu corazón é máis lixeiro ca unha pluma, pasará á outra vida.
8-Será devorado por Ammyt (crocodilo, león e hipopótamo).
AS GAÑADORAS DA SEMANA: O grupo NNMC. NORABOA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario