miércoles, enero 23, 2013
As Tres Casas
O pasado martes 15 de xaneiro, os alumnos de 1º E.S.O. e tres profesoras (Margarita, Rita e Laura) fixemos unha saída á Coruña para comprobar canto pode dar de si un día, pois nunha mesma xornada visitamos as tres casas: a das Ciencias, a do Home e a dos Peixes.
En primeiro lugar, paramos no Acuario onde non só nos ofreceron datos moi interesantes sobre as quenllas de auga fría que viven nas nosas costas, senón que tamén puidemos tocar dentes, maxilares, petacas de ovos auténticas e mesmo unha cría de quenlla que nadaba dentro dunha furna de cristal. Ás once e media, as focas comen e pasan a súa revisión veterinaria; por suposto, aí estabamos nós, marabillados da súa obediencia (das focas, claro).
De seguido, chegamos á Casa das Ciencias. Observamos, experimentamos e aprendemos; e ao final, deleitámonos coa sesión de Planetario, as estrelas circulando sobre nós.
A última parada foi a Casa do Home. Alí comemos na área picnic e despois, participamos nos descubrimentos e experimentos que nos propoñían. Na foto estamos case todos nas escaleiras principais da Domus. Pouco despois xa volviamos todos á Casa de Cadaquén.
Ata outra.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario