
viernes, noviembre 30, 2012
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

lunes, noviembre 26, 2012
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
Remata un día máis. Pero este 25 de novembro é unha data especial: o Día internacional contra a violencia de xénero.
O club de lectura xuvenil do IES de Catabois, máis ca nunca, está a reflexionar sobre este problema e moitos outros derivados dunha sociedade onde aínda nenas, rapazas e mulleres sofren maltrato e discriminación.
Non pedimos só un día, senón 365 días contra a violencia de xénero. E para facer máis presión, aí temos a Tatiana, coas súas gafas violetas na man, que se vén de unir ao club. Benvida!
E que mellor que unha cación para comenzar este día. Gozade coa música de Bebe e coa lectura.
viernes, noviembre 16, 2012
...Y Carlota nos llevó a Eloísa
Carlota se pregunta: “¿Pero
tú crees que soy demasiado alta para ser una chica?”. Una vez que conocemos la
historia de Eloísa y Napoleón, nos
queda claro que es uno más de tantos prejuicios que debemos borrar de nuestras
mentes. Eloísa es alta, sí, muy alta, pero a Napoleón no le importa en absoluto
su altura, ni su ceño fruncido, ni… Él la mira por encima de todas esas
barreras con su expresión de amor infinito. ¿Conseguirá llegar a "alimentar la dulzura de su carácter"?


Hay otra anécdota de una de sus actuaciones relacionada con
un chupete, ¿qué habrá ocurrido? Comentadlo aquí y, por supuesto, todo lo que
os sugiera la obra. Será interesante compartir impresiones.
lunes, noviembre 12, 2012
Concurso "Disfraza a mascota"
Como cada ano, pedimos aos nosos alumnos que vestisen a gata, mascota da biblioteca, segundo o tema do libro ilustrado por ser o que tratamos este curso. A idea non era fácil de levar a cabo pero, unha vez máis a imaxinación puido coas dificultades e os rapaces volveron a sorprendernos coas súas propostas, entre as que salientamos: a gata disfrazada de Carrapuchiña, a gata con botas, Nyam cat voando polo universo do libro, ... e moitas, moitas máis.
Velaí os deseños e, por suposto, o merecido gañador desta edición: Bruno Miguel Cosme de Oliveira, de 2º E.S.O. B, recollendo o premio de mans da súa titora.
Noraboa a Bruno e grazas a todos os participantes polas boas ideas e os bonitos debuxos.
viernes, noviembre 09, 2012
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


miércoles, noviembre 07, 2012
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
Que vos parecen as nosas gafas violetas?
Con elas, de igual xeito que Carlota, miraremos o que nos rodea desde outro punto de vista, o da denuncia ante a desigualdade entre homes e mulleres aínda existente hoxe en día. De feito, Cristel comentounos na reunión de onte como ela mesma, sen darse de conta, tivo un comportamento machista. E todas quedastes abraiadas cando falamos da carta da nena somalí que lle enviara a avoa Ana a Carlota. Algunha de vós non sabía que era iso da "ablación do clítore". Pois ben, aquí tedes máis información dunha cruel práctica da que son vítimas ao ano tres millóns de nenas. Segundo a OMS uns 140 millóns de mulleres e nenas sófrena na actualidade.
Malia que non levedes sempre postas as gafas que nos confeccionou Yaneth, levade todos os días a cor violeta nas vosas retinas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)