viernes, junio 08, 2012

CONCURSO DA BIBLIOTECA

DESPEDIMOS Á NOSA MASCOTA AFRICANA  Chegamos ao final da andaina do Concurso deste ano co seguinte texto:
 
  HAI UN PAÍS AFRICANO QUE TEN COMO LINGUA OFICIAL O ESPAÑOL. Esta frase é a clave para responder correctamente ás preguntas de hoxe.
  A QUE PAÍS NOS REFERIMOS?


  Non foi España o primeiro país europeo que explorou este territorio, pois aí chegaron primeiro os navegantes dun país que fixo grandes descubrimentos buscando a ruta para chegar ás "illas das especias".
  QUE PAÍS FOI O PRIMEIRO EN EXPLORAR ESTE TERRITORIO AFRICANO?


  Unha parte do territorio é continental e a outra é insular.
  QUE PARTE FOI COÑECIDA COMO RIO MUNI, A CONTINENTAL OU A INSULAR?


   Unha parte do territorio chamouse Fernando Poo. QUEN FOI FERNANDO POO?

  
   COMO SE DENOMINA ACTUALMENTE A ANTIGA FERNANDO POO?


  O territorio foi cedido a España no ano 1778. EN QUE ANO SE INDEPENDIZOU DE ESPAÑA?


  O novo país estableceu a capital na parte insular. EN QUE ILLA?

  CAL É O NOME DA CAPITAL? COMO SE CHAMABA ANTES ESA CIDADE?


  O goberno do país asumírono dous dictadores, que se sucederon no tempo e que eran da mesma familia.
  COMO SE CHAMABAN ESTES DOUS DICTADORES? QUE PARENTESCO HAI ENTRE ELES?


  Pois ben, como xa está todo decidido, pasamos a ver as respostas:

1-Guinea Ecuatorial
2-Portugal
3-A continental
4-Un navegante portugués que chegou a estas terras no seu camiño hacia Asia.
5-Bioko
6-1968
7-Bioko
8-Malabo
9-Sta. Isabel
10-Macías e Obiang
11-Eran tío e sobriño.

Pois ben, o grupo gañador desta semana foi CASE 300, integrado por José Manuel Álvarez, Raquel Iglesias e Patricia Blanco. Noraboa!



A CLACIFICACIÓN DOS GRUPOS FOI A SEGUINTE:

1º- BIPAIR : Irene Ramos, Irene López, Paula Fernández, Bibiana Salazar.36 puntos


2º- SAN FERNANDO: Fernando García, Santiago Rodriguez, Miguel Ausín, Iván Batista.44 puntos

3º-LAS LOCAS: Joanna Rodriguez, Mónica Fernández.43 puntos



4ºCASI 300: José Manuel Álvarez, Raquel Iglesias, Patricia Blanco. 36 puntos





AGARDÁMOSVOS O CURSO QUE VÉN. O PRÓXIMO VENRES ENTREGAREMOS OS REGALOS

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR! 

No hay comentarios: