miércoles, junio 08, 2011

UNHA RECOMENDACIÓN MUSICAL

Desde a biblioteca queremos facervos unha recomendación musical para este verán. O veterano grupo DOA vén de facer no seu novo disco unha homenaxe á literatura galego-portuguesa medieval, na que recrean cantigas de amor, amigo, escarnio e maldizer con instrumentos tradicionais ( zanfona, xafón...) cunha visión actual. Nel atoparedes cantigas de autores como Afonso X, Pero Meogo, Joan García de Guilhade, Martín Códax, Meendinho... Ademais, o disco está acompañado do traballo fotográfico de Xoán Piñón, marabilloso... O libreto contén, para alén, un estudo crítico-literario das cantigas galego-portuguesas realizado polo profesor Federico Pérez e unha fermosa introdución da poeta Eva Veiga.
Como anticipo, podedes botarlle unha ollada a este vídeo que recolle unha das súas interpretacións.

No hay comentarios: