martes, junio 23, 2009

O RELATO PREMIADO DE NOA

Xa vos informamos de que a nosa compañeira Noa Fernández Horjales, de 2º A, acadou un premio no Concurso de Relatos Curtos de Coca-Cola.
Logo de recibir os agasallos nun divertido acto no Conservatorio de Santiago, onde foi acompañada de Miguel, o noso Director, e de Pilar Rodríguez, a súa profesora de Galego, a interesada pasounos un borrador do relato que, xenerosamente, quere compartir conosco. O merito do texto estriba en que a organización deu aos participantes seis palabras inconexas que tiñan que obrigatoriamente aparecer no relato. Cada un tiña que imaxinar un texto no que os seis termos tiveran un sentido. Noraboa, Noa! E, por certo, moita sorte nos Nacionais de Tenis de Mesa, campiona!

"Que pesadelo!
Aquela mañá Sara espertou sobresaltada, acababa de ter un pesadelo, fora horrible.
Era verán, así que quedou un pouco máis na cama para tranquilizarse un pouco.
Cando baixou a almorzar o seu can Federico saudouna coma tódolos días e ela respondeu cun xesto de agarimo e acariciouno. Soíao acariñar, porque Federico sempre a seguía a todas partes.
Pola tarde quedou coa súa amiga Fangg, foron o parque mariño que había na súa cidade. Pasárono en grande cos animais acuáticos, había moitos golfiños, eran o animal favorito de Fangg, aínda que a Sara non lle gustaban moito. Comeron un xeado xa casi cando ían cerrar o parque e logo foron para casa de Sara. Ela invitara a Fangg a durmir. Despois de cear ambas subiron ó cuarto de Sara. Alí vestíronse e foron peitearse e maquearse ao cuarto de baño, porque Sara non tiña espello na habitación. Pintaron a raia dos ollos e puxeron un pouco de gloss.
Ás dez foron a discoteca a bailar un pouco e Sara quixo volver axiña á casa porque dicía que alí había un rapaz que era un pouco lapa e non se lle quitaba de enriba. Ó chegaren á casa non atoparon a Federico esperando por elas, estaría dormindo, xa era un pouco tarde.
Á mañá seguinte cando Sara e Fangg baixaron a almorzar tampouco Federico as sudou. Sara chamou a Federico pero non viña, onde se metería?
Xa pola tarde, Fangg e Sara foron a buscar ó can, aínda non o atoparan cando xa emperzara a escurecer e comezaban a asomar os seus cus as vagalumes.
Sara foi a acompañar a Fangg á súa casa, e cando estaba chegando á súa propia, atopou a Federico, estaba inconsciente tirado no chan ó lado dunha árbore. Sara deu un grito de espanto e terror que alertou á súa nai e algúns dos seus veciños.
Coa axuda da súa nai meteu a Federico no coche e levárono ó veterinario. Pero cando chegaron el, o seu can, xa estaba morto. Sara choraba, nin os agarimos da súa nai a animaban. Cando chegaron á súa casa meteuse na súa habitación e alí descargou toda a ira que tiña, porque a ela?, porque non puidera ser a outro? Cando espertou recordou unha das frases que lle dixo a veterinaria: cando os cans van a morrer escóndense. Nunca olvidaría aquela frase que a fixo sentir feliz. Fíxolle comprender que todos temos un fin e que os pesadelos pódense cumprir."

1 comentario:

Jane H. dijo...

He leído esto después de muchos años y la verdad me ha hecho un poco de gracia jajaj