CLUB DE LECTURA "JOSÉ BECEIRO"
Hoxe iniciamos o club de persoas adultas cos comentarios sobre a obra de Begoña Caamaño, Circe ou o pracer do azul.
Foi moi agradable esta lectura que nos achega, con grande delicadeza e cun estilo narrativo cociñado a lume lento, ao mundo da mitoloxía e da historia clásica da Odisea, pero desde unha perspectiva feminista.
En definitiva, un comezo fascinante!!!

Comentarios