17 DE MAIO: MORGANA, CIRCE E PENÉLOPE NAS NOSAS PAREDES




 Co gallo do día das Letras Galegas, o alumnado de 3º da ESO de EPVA e o de 4º da ESO de E.A., realizan carteis coas personaxes femininas de Begoña Caamaño.

 A biblioteca de Catabois promove a feitura de carteis para o día das Letras Galegas, en colaboración cos departamentos de Artes plásticas, de Galego e de Dinamización. Para 4º da ESO foi imprescindíbel a lectura de pasaxes das obras da nosa escritora deste ano.

 Con estes carteis deuse visibilidade a autora e as súas mulleres literarias.

 

 

Comentarios

Entradas populares