DÍA DA CIENCIA: CERTAME MICRORRELATOS O PODER DUNHA IDEA
Con motivo de que o químico Fernando Calvet i Prats é o científico homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2025, o Grupo Editorial El Ideal Gallego pon en marcha un concurso de microrrelatos dirixido ao alumnado da ESO, en colaboración coa Xunta de Galicia.
As persoas participantes, alumnado de secundaria (de 12 a 16 anos), deberán iniciar sesión no xornal dixital ou rexistrarse se aínda non o están, a través da seguinte ligazón:
Para participar, será necesario comentar na nova do concurso cun microrrelato de menos de 100 palabras, redactado en galego ou castelán, sobre a temática “O poder dunha idea”, inspirada na vida ou na obra do que é considerado o primeiro científico moderno da historia de Galicia.
Un xurado seleccionará os tres mellores microrrelatos, cuxos autores recibirán un agasallo tecnolóxico.
O prazo de participación permanecerá aberto ata o 24 de novembro.
Comentarios