viernes, junio 07, 2024

CLUB DE LECTURA XUVENIL ESO: A FOLLA AZUL, DE ANDREA MACEIRAS

 A última lectura do curso, en liña coa temática da biblioteca, foi A folla azul, de Andrea Maceiras. Esta novela trata a historia dunha nena, Husu Aké, que vive nunha tribo da Amazonía ameazada pola presenza dos colonizadores portugueses. A súa misión é atopar a folla azul, unha misteriosa planta capaz de curar unha terrible enfermidade que afecta a súa tribo. Coa axuda da sabedoría da súa avoa e a súa capacidade de comunicarse cos animais, terá que explorar un mundo descoñecido no que atopará perigos e adversidades, pero tamén amizade, sensibilidade e cooperación. Con esta lectura pechamos o curso. Celebraremos unha pequena despedida a próxima semana, coincidindo co club de poesía.



No hay comentarios: