viernes, mayo 31, 2024

Club de lectura de Bacharelato: Ollos de auga, de Domingo Villar, e... merenda de despedida!

 Hoxe reunímonos por última vez co alumnado integrante do Club de lectura de Bacharelato para comentar Ollos de auga, unha novela de misterio de Domingo Villar que nos mantivo enganchados e intrigados até o final. Celebramos unha pequena merenda para despedir o club e aproveitar para desexar moita sorte ás rapazas de 2º de BAC, que rematan un curso moi duro (o esforzo terá a súa recompensa, sen dúbida). Mil grazas por compartir o voso tempo con nós e facer do club de lectura de Catabois un espazo cheo de ideas e amor pola lectura. ❤️







No hay comentarios: