viernes, mayo 26, 2023

CLUB DE LECTURA XUVENIL BAC: FRANKENSTEIN, DE MARY SHELLEY


 "Unha desapacible noite de novembro contemplei a fin dos meus esforzos (...) Era xa a unha da madrugada, a choiva golpeaba as fiestras sombriamente, e a candea estaba case consumida, cando, á mortecina luz da chama, vin como a criatura abría os seus ollos amarelos e apagados. Respirou profundamente e unha convulsión sacudiu o seu corpo..."

Arrepiante, verdade?

Este é un dos fragmentos máis coñecidos de Frankenstein ou o moderno Prometeo, de Mary Shelley, escollido para o club de lectura xuvenil de Bac.



Sabemos que Frankenstein é o científico que, nun ataque de tolemia e obsesión, quixo crear vida coma se fose un deus, xerando un monstro terrorífico que... que... ten sentimentos, a pesar de todo. A novela de Frankenstein é trepidante e constitúe unha fonda análise da condición humana. A súa autora, Mary Shelley, tiña só dezanove anos cando a súa historia foi publicada, cousa que non lle resultou nada fácil.

Así, ler Frankenstein é...

1. Descubrir que Frankenstein é o nome do científico, non do monstro.

2. Darse conta de que en realidade o monstro de Frankenstein tan monstro non é.

3. Empezar a darnos conta de que a gran pregunta, a que de verdade define Frankenstein, é a seguinte: quen é en realidade o monstro nesta historia?


Aproveitamos para recomendar o biopic Mary Shelley, de Hanifa Al-Mansour, un excelente retrato da vida dunha das máis importantes autoras do século XIX. Velaquí o trailer:



No hay comentarios: