viernes, diciembre 02, 2022

CLUB DE NARRATIVA XUVENIL ESO: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

                                   


"Os números primos son coma a vida. Son moi lóxicos, pero non hai maneira de averiguar como funcionan, nin sequera se pasases todo o tempo pensando neles".

Christopher ten quince anos. É excelente en matemáticas, gústalle o espazo, os animais e a cor vermella. Non se lle da ben tratar con outras persoas. Vai a clases a un colexio especial e ten dificultades en aspectos do día a día que a outras persoas lle resultan moi sinxelos.

Un día, atopa o can da veciña morto. Non parece un accidente, así que, como bo lector de Sherlock Holmes, decide empezar a pescudar...

O curioso incidente do can a medianoite é unha novela de Mark Haddon que trata unha historia de misterio, pero tamén unha historia de crecemento e superación dun adolescente que se enfronta, como todos os demais, á vida, pero desde unha ollada única e diferente.

Gozamos moitísimo da lectura e nas charlas posteriores houbo intervencións moi interesantes. Reflexionamos moito sobre Christopher e os personaxes que o acompañan na súa aventura.

Velaquí unha foto. Como vedes, as obras que deixaron a biblio patas arriba non nos pararon: ó contrario, mover e remover os libros ten moito encanto!









No hay comentarios: