miércoles, septiembre 21, 2022

Visita a Padrón

 Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá organizaron unha visita a Padrón o día 20 de setembro para coñecer a casa de Camilo José Cela, o xardín botánico e a casa de Rosalía de Castro.

Comezamos coa casa de Camilo José Cela, mediante unha visita guiada que nos permitiu coñecer en profundidade a vida e obra do autor. Incluso deunos tempo a facer un trivial final nun espazo privilexiado da casa!





A mediodía, comemos no precioso xardín botánico de Padrón, e gozamos tamén dunha visita guiada na que nos explicaron as diferentes especies vexetais que habitan este espazo.


E pola tarde, na casa museo de Rosalía de Castro, recibiunos a propia Rosalía, acompañada polo pintor Modesto Brocos, autor dun dos máis importantes retratos da escritora.
Foi unha visita estupenda. Moitísimas grazas ao grupo de teatro  Os quinquilláns por facela posible!!







No hay comentarios: