O decorrer do tempo sempre foi tema gorentoso para os poetas e retratado incluso por xenios da pintura como Salvador Dalí, na súa famosa obra "A persistencia da memoria".
Foi longa a escolma de poemas que recompilaron os nosos xoves lectores. Aquí deixamos unha pequena mostra:
¡Cómo de entre mis manos te resbalas!
¡Oh, cómo te deslizas, edad mía!
¡Qué mudos pasos traes, oh, muerte fría,
pues con callado pie todo lo igualas!
Feroz, de tierra el débil muro escalas,
en quien lozana juventud se fía;
mas ya mi corazón del postrer día
atiende el vuelo, sin mirar las alas.
¡Oh, condición mortal! ¡Oh, dura suerte!
¡Que no puedo querer vivir mañana
sin la pensión de procurar mi muerte!
Cualquier instante de la vida humana
es nueva ejecución, con que me advierte
cuán frágil es, cuán mísera, cuán vana.
Francisco de Quevedo
Pero nada cambia
todo fica
no mesmo lugar
atemporal, inamovible
son as mesmas paisaxes,
os mesmos silencios
as mesmas ondas
xa non hai parellas
enlazadas pola rúa
nin estraños rituais
nin frustracións perversas,
nin poetas
porque nada cambia
agás os ollos
con que se ve
o tempo
(Poemas inéditos, De Caderno Rodiniano)
TEMPUS FUGIT
Esta noite
de mornos aires alisios
as parellas ignoran
o deserto
e cóllense das mans
estraño ritual aquel
movementos de area
e ternura
que só abandonan
nos pasos que levan a unha nova caricia
son a envexa da frustración,
dos amantes desamados
da octoxenaria memoria,
do tren que se foi
dos asubíos do albanel,
dos poetas.
(Poemas
inéditos, De Caderno
Rodiniano)
QUANDO CHEGAR
Quando chegar aos 30
serei uma mulher de verdade
nem Amélia nem ninguém
um belo futuro pela frente
e um pouco mais de calma talvez
e quando chegar aos 50
serei livre, linda e forte
terei gente boa ao lado
saberei um pouco mais do amor
e da vida quem sabe
e quando chegar aos 90
já sem força, sem futuro, sem idade
vou fazer uma festa de prazer
convidar todos que amei
registrar tudo que sei
e morrer de saudade.
Adeus soles adeus lúas
adeus soñares desperta
soños de divina estirpe
recollidos na consciencia
un libro leva a outro espazo
un soño leva a outro soño
a materia sendo ambigua
revela a imaxe do cosmos
ai AMOR
detén o tempo aleve cunha flor
Luz POZO GARZA: Deter día cunha flor (2009)
Poema da infancia
perdida
A
infancia é a miña patria
verdadeira.
O meu
paraíso perdido.
Lembro a
pureza dos meus soños.
O pasmo
que me causaban
as
estrelas.
As
paisaxes que quedaron
nos meus
ollos.
Os contos
do avó.
A doce
voz de miña nai.
As verbas
de meu pai.
Os xogos
compartidos
cos
irmaos.
E tantas
cousas fondas
que
forman parte inseparábel
de min
mesmo.
Aquela
pureza xa non é
e teño
soedade
daquel
neno sinxelo
que antes
fun.
¡Deixádeme
ser triste
ou senón
voltádeme
outra vez
a miña
infancia!
Manuel María: Mar Maior (1963)
Á TARDE CUN CAN E UN
LIBRO
Á tarde,
cun can e un livro
entreaberto
sento-me
nun banco do xardín
e
deteño-me a contemplar o transcorrer da vida.
Por
oriente pasa unha anada de paxaros
que non
identifico.
Hai unha
luz desigual tapizando a paisaxe,
hai unha
luz fráxil e cautelosa
de
inverno.
O corazón
escoita e, ás veces, insinua unha pregunta.
Hai un
manto de calma abafando alaridos,
ocultando
rostros desolados.
A vida é
isto? Esta dor que avanza, perniciosa,
por
canles subterráneas?
esta
mediocridade?
Á tarde,
contemplo a falsa calma e agardo o delírio
Mentres o
can, o livro, a anada de paxaros,
Un eco de
tronada mui ao lonxe...
Pilar Pallarés, Livro das devoracións
No hay comentarios:
Publicar un comentario