miércoles, diciembre 13, 2017

OS NENOS DA VARIOLA

Os nenos da varíola

María Solar

“Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano”. “Premio Gala do Libro 2018 na categoría de Mellor Obra Xuvenil”
Sen dúbida, estamos diante da novela máis ambiciosa e lograda de María Solar. Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.
Esta é a recensión, deste libro de María Solar, que podedes ler na páxina da editorial Galaxia. Se lembrades algunha das saídas á Domus da Coruña, logo da lectura desta obra veredes con claridade o significado do monumento homenaxe aos nenos da varíola que se atopa nunha terraza do museo. 
Gozade coa lectura. 

No hay comentarios: